Quantcast
Channel: Cinema Galego » Culturgal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 4

Paisaje-Distancia: Pescadores en el mismo mar (2010)

$
0
0

Paisaje-Distancia: Pescadores en el mismo mar (2010)
Dirección e montaxe: Lois Patiño
Duración: 3 min 24 seg
Sinopse: A relación entre observador e paisaxe na experiencia contemplativa. A mirada construíndo a paisaxe dende a distancia necesaria. A delimitación das súas marxes fronte a continuidade total da Natureza. O observador inmerso no percorrido da súa mirada pola paisaxe. Pousándoa nos detalles que forman a súa globalidade.

Rencontres Internationales 2010, Centro Pompidou (París)
En.Piezas, Casa Encendida de Caja Madrid 2010
Cineuropa. 2010
Culturgal 2010

Nacido en Vigo en 1983, LOIS PATIÑO compaxinou estudos de psicoloxía na Universidade Complutense cos cinematográficos na escola TAI de Madrid. Asistiu a obradoiros e cursos de diferentes artistas: Daniel Canogar (de instalacións), José Luis Guerín (documentais), Donald Kuspit (videoarte), Bob Wilson, Isaki Lacuesta, Albert Maysels, Nicolas Phillibert, Frederick Wiseman… En 2004 viaxa a Nueva York para completar a súa formación en dirección de cinema na New York Film Academy, e en 2008 participa no Máster en Documental de Creación de la Universidad Pompeu i Fabra. Dende 2007 vén desenvolvendo unha prolífica obra no campo do documental e o cinema experimental, con títulos coma Profesor Tejero (Documenta Madrid 2008), Rayito (Bolsa de Creación Fundación Caixa Galicia), Zuma, embajador del Sol, Recordando los rostros de la muerte (Documenta Madrid 2010), e as series Paisaje interior (Ribeira Sacra, Calvet, L´Aquatic), Paisaje-duración (Río, Trigal, Puente) e Paisaje-distancia (Casa, Pescadores en el mismo río, Encuentro entre hombres, Construyendo en las montañas), seleccionada nos Rencontres Internationales París-Berlín-Madrid 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Viewing all articles
Browse latest Browse all 4

Latest Images

Trending Articles





Latest Images